

Avelino Martínez Hermelo era natural de Aldán (Cangas do Morrazo). As dificultades polas que pasaba a súa familia fixeron que comezara a traballar dende moi pequeno. Non puido ir a escola e aprendeu a ler e escribir no monte de Espiñeira onde levaba pacer ás vacas. Anos despois casou con Mercedes Bastón e tivo dous fillos, un neno e unha nena. Mentres todo iso pasaba, marchou a Holanda en busca de traballo. O seu obxectivo: pagar a hipoteca da casa da súa familia. Recibiu apoio nos seus primeiros días na cidade da casa católica 'Stella Maris', situada no número 13 de Willemskade, na cidade de Rotterdam.
Traballou e viaxou arredor do mundo ata que un accidente no barco acabou coa súa vida en 1972. Tiña 27 anos. Queremos contar a súa historia e contamos coa mellor axuda, a da súa muller, Mercedes. Con ela viaxamos a Rotterdam na busca dos recordos compartidos.