top of page

Viaxe a Holanda

 

Hoxe día 11-09-2013

 

Estou nerviosa, intranquila. Sempre me pasa o mesmo cando viaxo, cústame deixar a casa.

 

Ben, hoxe é mércores. O sábado xa estarei na terra chá onde me teñen dito que non hai montañas. Será raro para min pois aquí, o que máis hai son costas e o que buscamos é un terreo chá para camiñar, sen chegar a perder o aire, que é o que pasa cando subimos con calor unha rúa empinada.

 

Verei a terra onde o meu home traballou e morreu. Sempre me dicía que estaba contento, porque pagábanlle ben o seu traballo. Aquí, na nosa terra, non saiamos adiante, pois tiñamos hipoteca e era duro e difícil cun salario baixo chegar á meta que el soñaba.

 

Non o conseguiu, pero hoxe verei as rúas por onde camiñaba, e durmirei no ‘Stella Maris’ onde el paraba cando estaba en terra. Sempre me dicía, que en Holanda hai un dito que di que o mundo fíxoo Deus, pero Holanda fixérona os holandeses pois parece ser que hai moitos canais por onde navegan os barcos, que están máis altos ca algunhas vivendas e campos.

 

Os enxeñeiros esforzáronse ó límite para frear o mar e non deixalo entrar pois iso sería unha catástrofe. Eu estarei cos ollos ben abertos véndoo todo. Sei que el estará alí camiñando ó meu lado. Canto me gustaría poder facer esta viaxe cos meus fillos pero é un momento moi malo e difícil para case todos. Eu fareino grazas ó premio que gañaron Xela e Belén, elas quixeron que eu as acompañara. De verdade que llo agradezo.

 

Penso que isto pasa porque o destino así o quixo. Parece algo de ciencia ficción que me pase isto, pero é de verdade.


sigue lendo.....

Mercedes escribindo
Os diarios

Viaxe aos recordos. Unha historia a través do tempo  

© 2023 by MY SITE NAME. Proudly made by Wix.com

bottom of page