top of page

O Stella Maris no 1957

O terceiro día da nosa estancia comezou cunha conversa coa recepcionista máis veterana do hotel, Elise Schut, que leva 25 anos traballando no mesmo. Elise, holandesa de raíces españolas, cóntanos como antigamente o edificio era unha casa que daba hospedaxe e axuda ós mariñeiros. Foi aquí a onde chegou Avelino, que era mariñeiro de profesión, buscando traballo, e aquí atopou teito e axuda, conseguindo pouco despois un posto nunha compañía de transporte marítimo.

Posteriormente houbo unha fusión das dúas casas de mariñeiros cristiás de Rotterdam, a católica e a protestante. O ‘Stella Maris’ pasou a ser unha fundación e tamén un hotel, que recibía axudas estatais para así poder cobrarlles un módico prezo a aqueles que precisaban a axuda, e orientábaos na busca de traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Isto cambiou cando as compañías pesqueiras e de transporte marítimo xa non lles deixaban tempo ós mariñeiros a pasar a noite, senón que os barcos chegaban e marchaban no mesmo día. Unido a isto, a Fundación deixou de recibir as axudas gubernamentais, o que desembocou na decisión de abrir o abanico de clientes, ampliando o hotel para poder hospedar a máis turistas. Agregáronselle catro pisos ó edificio, pero sen facer modificacións importantes no que xa había.

O edificio seguiu conservando a súa esencia mariñeira. O bar, a pequena capela, os cadros… todo está decorado con motivos mariñeiros e fotos de antigos e grandes barcos. Hoxe en día os mariñeiros aínda supoñen un 30% dos clientes.

Viaxe aos recordos. Unha historia a través do tempo  

© 2023 by MY SITE NAME. Proudly made by Wix.com

bottom of page